InicioM.ambiente e PatrimonioLoureiro di que se eliminaron cinco puntos de vertido á ría e...

Loureiro di que se eliminaron cinco puntos de vertido á ría e que tres “non son competencia” municipal

Augas de Galicia instara ao executivo local a solucionar problemas na rede de saneamento como "a entrada de auga de mar" ou a contaminación derivada "dalgunhas actividades industriais"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro deu este venres a súa versión despois de que Augas de Galicia instase a través dun informe ao goberno local a solucionar “problemas de funcionamento da rede de saneamento“, como “a entrada de auga de mar” ou as “elevadas cargas contaminantes derivadas dalgunhas actividades industriais“.

O ente hidráulico afirmou que estes problemas “poden ocasionar que obras xa existentes, pero tamén as que están na actualidade en licitación ou en proxecto, non funcionen axeitadamente“.

ENTRADAS DE AUGA DE MAR

Respecto das entradas de auga de mar á rede de saneamento, desde o Concello sinalan que a empresa concesionaria do servizo, Viaqua, “vén realizando un mantemento continuo das mesmas para minimizar as infiltracións de augas de mar á rede de saneamento. De todos os xeitos estase estudando a substitución das clapetas instaladas por outras máis eficientes, que garantan a estanqueidade total dos aliviadoiros”, asegura a alcaldesa, a socialista María Loureiro. 

No tocante aos colectores, Loureiro afirma que o problema de filtracións “ten lugar nos que se atopan por debaixo do nivel do mar, non podendo garantirse a súa estanqueidade pola antigüidade dos mesmos e polo seu propio emprazamento”, de xeito que, argumenta, “tratarase de facer unha substitución progresiva dos colectores máis antigos para mellorar a estanqueidade”.

UN REGULAMENTO DO SERVIZO, EN ELABORACIÓN

A rexedora expón que “estase a elaborar un Regulamento do servizo municipal de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais deste concello, no que, entre outros aspectos, xa se regulan os permisos de vertedura á rede de saneamento” e as limitacións e parámetros que deben cumprir, polo que deste xeito entende que “esta medida permitirá o control dos vertidos á rede de saneamento municipal”.

SETE PUNTOS DE VERTIDO LOCALIZADOS

No relativo aos puntos de vertido detectados por Augas de Galicia, o Concello remarca que “dos doce puntos de vertido inventariados a finais do ano 2017, xa se eliminaron cinco dos máis controvertidos, aqueles con elevada carga contaminante e que vertían directamente á ría.

Sobre os sete puntos detectados, Loureiro sostén que os V-00414 e V-13211, ubicados na parroquia de Galdo, non son a día de hoxe competencia deste concello, xa que non existe rede de saneamento nesa zona“, aínda que, sinala a alcaldesa, “o departamento de medio ambiente municipal colaborou remitindo comunicacións aos posibles responsables, coa intención de intentar eliminalos”.

O punto V-12056, en Chaos-Chavín, “tampouco é competencia deste Concello por non existir rede de saneamento na zona, pero tamén neste caso colaboramos contactando coa veciñanza”.

Tamén sinala que “nos vindeiros días iniciaranse as obras recollidas no proxecto “Dotación de Servizo de Saneamento na Parroquia de Galdo”, que solventarán estes dous puntos. De todos os xeito, cómpre ter en conta que estes dous puntos son de excasa entidade, vertendo a unha cuneta”.

No tocante ao punto localizado detrás da Estación de autobuses, “segue dado de alta pola existencia dalgún resto de contaminación, a pesar de que a carga contaminante se reduciu considerablemente (pasando de 53.000.000 de E.coli no ano 2016 a 150.000 na actualidade) grazas aos requirimentos e ao traballo do Concello”, di Loureiro.

Dos tres puntos restantes, o V-10465 (conservatorio de música) e o V-19685 “están sendo investigados polo Concello e Viaqua e xa se fixeron os correspondentes requerimentos para tratar de dar ca orixe dos mesmos”, sostén a rexedora, mentres que o V-13153, en Landrove,  “está proxectado solventalo executando unha extensión da rede de saneamento na marxe esquerda LU-540 sentido Vilalba e LU-161“.

“ESPERAMOS QUE A XUNTA ACTÚE IGUAL CON TODOS”

O Concello salienta que o saneamento da ría de Viveiro é “o obxectivo principal de todas as administracións implicadas” e espera da Xunta de Galicia que “actúe cos demais municipios nos que hai vertidos igual que co noso, remitindo o informe referido e publicando a información do mesmo nos medios de comunicación“. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...