Un veciño de 62 anos residente no municipio lucense de Lourenzá está a ser investigado pola Garda Civil como suposto autor dun delito de danos ao cortar árbores nunha parroquia do termo municipal de Trabada, tamén na Mariña Lucense.
Segundo informou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, os feitos ocorreron a finais do pasado mes de agosto, cando o imputado tallou supostamente 30 árbores –carballos e bidueiros– nunha leira que está situada na fegresía de Vilapena, en Trabada.
POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL
A persoa investigada, segundo o mesmo escrito da Benemérita, xa foi posta a disposición das autoridades xudiciais correspondentes.