InicioM.ambiente e PatrimonioO PP pide un proxecto para o castro de Lelle e unilo...

O PP pide un proxecto para o castro de Lelle e unilo á basílica de San Martiño cun sendeiro peonil

Os conservadores lembran que o anterior goberno fixo "unha forte aposta" polo xacemento coa adquisición e limpeza de 15.000 metros cadrados

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular (PP) de Foz presentou unha moción instando ao goberno municipal e a outras administracións a poñer en valor o castro de Lelle, ubicado en San Martiño, nunha espazo de 15.000 metros cadrados que foi adquirida polo goberno conservador no ano 2018.

A edil popular Laura Riveira lembra que o anterior executivo “fixo unha grande aposta” coa adquisición de varias parcelas e a eliminación dos eucaliptos que estaban a danar o xacemento. Así, o PP espera “que se contrate un proxecto de recuperación que permita solicitar a outras administracións o financiamento necesario para levalo a cabo e pór en valor este conxunto histórico tan importante”.

“Pedimos que se redacte un proxecto no que se inclúa unha limpeza máis exhaustiva e o tratamento dos tocóns, que contemple un levantamento topográfico e un voo con dron para acadar un mellor estudo, a avaliación de posibles propeccións arqueolóxicas futuras e creación de percorridos con carteleiras informativas, ademais dun selado superficial con capa vexetal tipo herba natural ou céspede que permita un mantemento rutinario“, resume Riveira.

500 METROS DE SEPARACIÓN

Os conservadores tamén propoñen “unir o castro coa basílica, separados por 500 metros, cunha senda peonil para formar con elo un conxunto histórico que tería un valor cultural e turístico incalculable, e animamos ao goberno local a seguir adquirindo terreos para que se poidese contar cun aparcamento colindante á estrada, para facilitar o acceso”.

FINANCIAMENTO A TRES BANDAS

O PP focego considera que o financiamento deste proxecto debera correr a conta do Concello, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...