Mondoñedo acolle unha xornada sobre o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

Gobernos locais do norte de Galicia participaron no encontro, no que se explicou unha iniciativa que pretende que os Concellos asuman os obxectivos da UE na materia

Xuntanza en Mondoñedo. CONCELLO DE MONDOÑEDO

Mondoñedo acolleu este martes unha xornada de presentación e seguimento do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía na que participaron arredor dunha trintena de representantes dos gobernos locais da Mariña Lucense, doutras comarcas da provincia de Lugo e de Ferrolterra.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, María Cruz Ferreira Costa, explicou esta iniciativa, iniciada en 2008 e á que se sumaron boa parte dos municipios mariñaos, co compromiso de alcanzaren os obxectivos da Unión Europea (UE) en materia de clima e enerxía. A Xunta de Galicia ofrece asesoramento para acadar estes propósitos.

Para traducir o seu compromiso político en medidas e proxectos prácticos, os signatarios do Pacto comprométense a presentar, nos dous anos seguintes á data da decisión do seu concello, un Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable (PACES) que describe as accións chave que se pretenden realizar. O plan incluirá un inventario de emisións de referencia para monitorear as accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticos. A promoción dunha recollida do lixo selectiva é outra das premisas.

Por unha banda, búscanse reducir alomenos nun 40% as emisións de CO2 no horizonte do ano 2030, por medio de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable.

IMPACTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO

Doutra banda, trátase de minimizar o posible impacto do cambio climático nos concellos. Semanas atrás, a organización Climate Central plantexaba un mapa interactivo de zonas en risco de inundación para 2050, entre as que estaban o núcleo urbán que forman Viveiro, Celeiro e Covas, O Vicedo ou San Cibrao. Outro estudo prevé unha rebaixa significativa da produción do parque eólico do Cadramón.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here