Burela sensibiliza nas praias sobre a recollida de lixo

O Concello asesourou no Portelo, desde onde espallará a iniciativa ao resto dos areais do municipio

Praia de Portelo. TURISMO DE GALICIA

O Concello de Burela iniciou este luns na praia de Portelo unha campaña de sensibilización nos areais co obxectivo de que os usuarios manteñan limpos estes espazos naturais.

Co lema ‘Que o que volva ás nosas praias sexas ti‘, a campaña concienciará aos bañistas da necesidade de manter limpo o mar e tamén os areais. Monitoras de Gaia explicarán aos usuarios como utilizar os contedores para facilitar a reciclaxe dos residuos, indicando que colector é o axeitado para cada lixo. 

Segundo explicou a edil de medio ambiente, Noelia María Ben, “aquelas persoas que colaboren cubrindo unha pequena enquisa recibirán un agasallo que lles axudará a manter as praias limpas”.

EXCREMENTOS DOS CANS

A concelleira sinalou que “este tipo de campañas de concienciación son necesarias e xa pensamos en facer outra proximamente sobre a recollida dos excrementos dos cans, outro dos grandes problemas medio ambientais que detectamos en Burela”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here