InicioM.ambiente e PatrimonioRecuperado o miradoiro de Monte Faro, que se integra nos roteiros de...

Recuperado o miradoiro de Monte Faro, que se integra nos roteiros de sendeirismo de Viveiro

Concello e Xunta colaboraron no proxecto, que contou cun orzamento de máis de 38.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro recuperou coa colaboración da Xunta de Galicia o miradoiro de Monte Faro, ademais de integralo nos roteiros de sendeirismo polos que pasean veciños e turistas.

A partida económica das obras procede dunhas liñas de axuda ordinarias da Axencia de Turismo de Galicia. Cun investimento de máis de 38.000 euros, dos cales o Goberno autonómico achegou 24.832 euros (un 65% do orzamento subvencionable a través da Consellería de Cultura e Turismo), os traballos consistiron na instalación de novos bancos, novo alumeado, pavimento de area e varios paneis informativos. Ademáis, fíxose un recrecido dos muros do antigo faro ou garita para poñer en valor a estrutura, xa que era un elemento etnográfico utilizado para sinalar a costa.

O conxunto xira en torno a un banco circular con vistas á ría de Viveiro e un panel panorámico de sinalización. Instalouse outro mobiliario urbano, disimulando os contedores, e sinalizouse o camiño desde a aldea do Faro ata o miradoiro. Trazáronse sendeiros que comunican o acceso rodado co miradoiro e a garita e pintouse o exterior dun pequeno local do concello situado no lugar.

Ademais, soterrouse o cableado e demoliuse a edificación que albergaba unha antena, que estaba en moi mal estado, unhas actuacións que serviron para ordear o espazo e aumentar a seguridade.

Miradoiro de Monte Faro. AXM

VISTAS PRIVILEXIADAS

“A activación turística da zona, cunhas vistas privilexiadas e conectada aos roteiros de sendeirimo, permítenos dar novos pasos no noso obxectivo de desestacionalizar a chegada de visitantes”, asegura a alcalde de Viveiro, María Loureiro.

“É un lugar ideal para ver a ría de Viveiro e necesitaba unha reforma; coas obras e a nova sinalización, o mirador é un lugar que visitar e no que pasar un bo rato para desfrutar da paisaxe”, engade Loureiro.

O delegado territorial do Goberno autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou “a mellora estética e funcional e a integración na contorna” que achegou esta actuación.

Balseiro concluíu que “recuperouse este lugar para que sexa un punto de atracción turística do municipio, un complemento para as rutas de sendeirismo desta zona e un argumento máis para visitar Viveiro en calquera época do ano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...