InicioM.ambiente e PatrimonioCervo lucirá o seu potencial ornitolóxico coa Ruta Ría de Lieiro

Cervo lucirá o seu potencial ornitolóxico coa Ruta Ría de Lieiro

O goberno local instalou 71 paneis para identificar aves ao longo de 500 metros do paseo do Torno

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo tentará potenciar o atractivo turístico do municipio no tocante ao avistamento de aves coa creación da Ruta Ornitolóxica Ría de Lieiro.

O proxecto, que parte das áreas de turismo e medio ambiente do goberno local e esta financiado ao cento por cento con fondos municipais, consistiu na instalación dun total de 71 paneis ao longo de 500 metros do paseo do Torno que identificarán as especies de aves que se poden ver na ría ou na contorna.

Os letreiros tamén inclúen información sobre este lugar e sobre as illas Os Farallóns, recoñecida como Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA).

O PRIMEIRO TREITO, MARIÑO

O primeiro treito da ruta abrangue desde a desembocadura do Río Covo, na praia do Torno, ata a ponte de Lieiro. Nesta parte do roteiro poden verse especies relacionadas co medio mariño, entre elas a gaivota esquimal, “un exemplar que en Europa só se pode ver na nosa ría”.

a DESEMBOCADURA DO COVO é o único lugar de europa onde se pode ver a gaivota esquimal

A SEGUNDA PARTE, ARBORADA

O segundo tramo vai da ponte de Lieiro ata a ponte do tren. Esta zona é aborada, polo que poden verse animais da orde dos passariformes, entre as que se atopan aves canoras ou paxaros cantores.

“RIQUEZA NATURAL”

Nunha visita á ruta coa edil Mali Martínez, o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, sinalou que “este roteiro ofrécenos a oportunidade, tanto a veciños como a visitantes, de coñecer en profundidade parte importante da riqueza natural do noso municipio”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...