O antropólogo Rafael Quintía ofrecerá unha conferencia sobre Santo Estevo do Ermo

A Irmandade e Mariña Patrimonio organizan a conferencia, na que se abordará "a xeografía mítica e sagrada" desta área barreirense

Panos na fonte de Santa Rosa de Santo Estevo do Ermo. MARIÑA PATRIMONIO

A Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo de Barreiros e Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, organizarán para o próximo 14 de febreiro a conferencia ‘Santo Estevo do Ermo. Unha xeografía mítica e sagrada‘.

O relatorio, que será impartido polo antropólogo Rafael Quintía, terá lugar ás 20.00 horas no centro social de San Cosme de Barreiros.

Quintía, natural de Vigo, foi membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (Saga) e vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (Agantro). Ten realizados varios traballos sobre o patrimonio inmaterial galego, afondando nas lendas e tradicións da xeografía galega.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here