InicioM.ambiente e PatrimonioAtopan na Mariña gaivotas afectadas por unha vertedura que matou decenas de...

Atopan na Mariña gaivotas afectadas por unha vertedura que matou decenas de aves no litoral galego

Apareceron animais en San Cibrao e Burela manchados por un líquido oleoso que feriu ou provocou a morte de máis de cen exemplares, especialmente a ambas beiras da Ría de Arousa

Publicada o

- Advertisement -

A aparición de decenas de aves mortas desde o pasado venres nas praias de ambas marxes da ría de Arousa, impregnadas nunha sustancia oleosa, dunha cor entre o marrón e o laranxa, motivou a preocupación das asociacións animalistas, que aseguran que se identificaron animais afectados por todo o litoral galego, tamén en puntos da Mariña Lucense como en San Cibrao ou Burela.

Segundo precisa a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), que está a coordinar xunto á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e o Grupo Naturalista Hábitat a recollida dos animais ante a “opacidade” da Xunta de Galicia, “estanse a rexistrar numerosos abeiramentos de aves mariñas (arao común, arao romeiro, arao papagaio, maascatos, gaivotas) que amosan no seu corpo unha substancia viscosa, en practicamente toda a costa galega, desde A Guarda ata A Mariña”.

O grupo Hábitat está a realizar un censo das aves ás que afectou a sustancia, que podes ver nesta ligazón, nunha versión que foi actualizada por última vez o pasado martes. As aves mortas e feridas comezaron a verse nas praias durante a pasada fin de semana e nos dous últimos días atopáronse, desde a Ría de Vigo á Costa da Morte, máis de 100 nese estado.

En concreto, na bisbarra atopáronse dous exemplares de gaivotas patiamarelas afectadas, vivas pero manchadas polo residuo. Unha delas foi en San Cibrao e outra no porto de Burela. Os achádegos foron documentados o pasado sábado por informadores do grupo Birders Galicia.

DESCOÑÉCESE A SUBSTANCIA VERTIDA E O FOCO ORIXINAL

María Canedo, de Adega, indica sobre a sustancia que está a afectar ás aves que “sospeitamos que non é fuel, os expertos que consultamos dinnos que se asemella a parafina; non temos a composición química. Os animais aparecen manchados dunha cor laranxa e non soltan cheiro”, explica.

“O elevado número de exemplares e a extensión da costa afectada fai pensar nunha importante vertedura de residuos e aceites ao mar, probablemente provinte dun ‘sentinazo‘”. Estas prácticas de limpeza e baleirado dos tanques dos buques no mar son ilegais e supoñen unha contaminación difusa que epor xunto representa a maior cantidade de hidrocarburos vertidos nos mares”, expón.

As asociacións ecoloxistas quéixanse da falta de resposta da Consellería de Medio Ambiente, que segundo Efe non ten constancia de onde se orixinaron os residuos pero si indicou que se trate “seguramente dun caso illado”.

COOPERACIÓN CIDADÁ

Desde as asociacións animalistas e medio ambientais fan xa que logo un chamamento á cidadanía para que avise en caso de atopar aves feridas ou falecidas e recomendan que, de recollerse, se faga con coidado utilizando luvas e trapos vellos para envolvelas. Pódese acceder aos consellos nesta ligazón.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...