InicioM.ambiente e PatrimonioEstudan unha lura capaz de saltar ata 40 metros fóra da auga...

Estudan unha lura capaz de saltar ata 40 metros fóra da auga recollida na praia de Area

Trátase dun exemplar de case dous metros de envergadura que se trasladará trala investigación ao Museo do Mar de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Parque de la Vida de Luarca, que alberga a mellor exposición de cefalópodos do mundo con 76 especies e que dirixe Luis Laria, estuda un exemplar de lura ou pota saltadora de case dous metros que foi localizado morto na praia de Area, en Viveiro (Lugo), e recollido por un veterinario da Xunta de Galicia.

Segundo explicou a Efe Laria, trátase dunha lura capaz de voar fóra da auga distancias de entre 30 ou 40 metros, polo que recibe o nome de pota saltadora.

Este exemplar, de 1,80 metros de envergadura, que foi trasladado a Asturias coa colaboración da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), será obxecto de estudo no Parque de la Vida e conservarase para o seu posterior traslado ao Museo do Mar de San Cibrao.

“É un exemplar curioso, que pode chegar a alcanzar pesos de ata máis de trinta quilos, e do que me interesan aspectos como a súa alimentación e outros factores”, explicou.

Luís Laria, que está escribindo un libro sobre a súa traxectoria como naturalista, conta que este tipo de cefalópodos garda historias moi singulares, como unha relatada por Peltop, un precursor e referente do buceo en España, ao que, ata a súa morte, uniulle unha gran amizade.

Conta que unha noite escura, nos anos sesenta, navegando camiño do porto do Musel, creron escoitar infinidade de torpedos saír do mar e non eran tales elementos de artillería submariña, pois “aqueles proxectís que brillaban na escuridade e resoplaban eran nin máis nin menos que seres viventes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...