InicioM.ambiente e PatrimonioO Concello de Ribadeo autoriza a demolición da antiga leitería de Reme

O Concello de Ribadeo autoriza a demolición da antiga leitería de Reme

Co derrubo rematarán dez anos de xestións para eliminar unha fábrica inactiva desde 1981 e que supuña un problema de seguridade e paisaxístico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo confirmou este martes que outurgou a licenza de demolición da antiga fábrica de Kraft, ubicada na localidade de Reme, a carón do Río Pequeno e do Río Grande e visible desde a LU-133.

A eliminación desta antiga leitería, que pechou no 1981, era unha actuación demandada desde hai máis dunha década, cando se comprobou o seu estado de deterioro. As xestións por parte do goberno local para derrubar o inmoble comezaron no 2007 e finalmente a empresa propietaria da factoría, Industrias Lácteas Asturianas (ILAS), con base en Navia, aceptou proceder á demolición.

TRALO DERRUBO DA FACTORÍA, TESTIGO DO POTENCIAL GANDEIRO DE RIBADEO NO PASADO, PODERASE VER DE NOVO O MEANDRO DO RÍO

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, explica que o goberno local topou “cunha situación administrativa moi complexa polo espazo medioambiental sensible onde está ubicada a factoría”. O rexedor resalta que “valoramos a boa actitude da empresa propietaria”, que comprendeu a situación e accedeu a rematar con este problema de seguridade e paisaxístico.

TIVO 49 TRABALLADORES

Testigo da antigo potencial gandeiro de Ribadeo, cun cadro de persoal que chegou a alcanzar os 49 operarios, a antiga fábrica de Kraft supuña un perigo polo seu mal estado e tamén danaba a imaxe da zona. “A día de hoxe, e desde hai moitos anos, non é máis ca unha ruína e un atentado á paisaxe”, asegura o alcalde de Ribadeo.

REXENERACIÓN DO ESPAZO

Trala súa demolición, acometerase a “rexeneración absoluta dese entorno natural, xusto na desembocadura da ría de Ribadeo”, precisa Suárez Barcia. En concreto, a fábrica esta situada nun meandro do río, que os visitantes do lugar poderán apreciar de novo. “Nos vindeiros meses, a zona volverá ser un sitio marabilloso”, conclúe.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...