A ONG Cemma Cetáceos informou do avistamento de toniñas (marsopas) na desembocadura do río Eo. Trátase dunha especie das máis pequenas entre os cetáceos europeos e que está en risco de extinción na costa cantábrica, cun aumento do índice de mortandade do 45%. O vídeo foi gravado por Óscar Chao Penabad.
Avistan toniñas na ría de Ribadeo
Estes cetáceos están en risco de extinción no Cantábrico, cun índice de mortandade do 45%