O goberno local de Xove denuncia que no río da Rigueira, á altura de Regosangüento, apareceron restos de mobiliario e outros enseres -entre eles, un equipo de son– tirados a carón da ponte. O lugar, onde está ubicada unha área recreativa, pertence á Ruta dos Muíños.
O alcalde, o popular Demetrio Salgueiro, considera que se trata dun “atentado ecolóxico, incomprensible desde calquera punto de vista”. O rexedor afirma que o Concello iniciou unha investigación para dar co responsable e apunta que o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) tamén está a estudar este caso, agravado por ser o río o depositario do lixo e pola presenza de aparatos electrónicos.
ATA 31.000 EUROS DE SANCIÓN
O goberno local sostén que a sanción está tipificada no código legal cun custo económico de ata 31.000 euros e lembra que hai un punto limpo no municipio aberto polas mañás, de luns a sábado.