InicioM.ambiente e PatrimonioAs rutas da Mancomunidade locirán os recursos xeolóxicos de Foz e os...

As rutas da Mancomunidade locirán os recursos xeolóxicos de Foz e os botánicos de Burela

Os días 16 e 17 de agosto continúa o programa do colectivo de municipios mariñao, con percorridos para amosar a riqueza natural e cultural da comarca

Publicada o

- Advertisement -

Foz e Burela serán as seguintes paradas de A Mariña en Ruta, a iniciativa posta en marcha pola Mancomunidade de municipios da comarca para diversificar a oferta turística do xeodestino. Trátase dunha serie de roteiros que se desenvolven durante os meses de agosto e setembro.

O vindeiro domingo, 16 de agosto, Francisco Canosa guiará un paseo xeolóxico por Foz. A contorna da ría ten numerosos lugares de interese, por iso se propón facer este paseo polas súas inmediacións para coñecer un pouco máis sobre a orixe e evolución das rochas que aquí se atopan. Trátase dun roteiro circular no que coñeceremos as estruturas xeolóxicas e as predicións dos cambios que se van producir no seu futuro máis próximo.

O percorrido iniciarase ás 10.00 na escola de música focega, cunha duración de tres horas. A dificultade é baixa, pero recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo.

O 17 de agosto terá lugar un roteiro botánico por Burela, que será guiado por Pedro Rolle e Guido Álvarez. Este roteiro é unha moi boa oportunidade para coñecer as plantas e animais que habitan os montes de Burela e, de paso, disfrutar da natureza facendo deporte. As especies máis representativas destes ecosistemas forestais son o eucalipto (en distintas variedades), especie moi común na Mariña e outras árbores coma o piñeiro e a acacia. Ademais, os visitantes poderán coñecer varias especies herbáceas que, na súa maioría son usadas como plantas medicinais. A fauna máis representativa son as aves forestais, coma o miñato, o gaio, o merlo ou o corvo pequeno, así coma réptiles, anfibios e insectos relacionados con estes ecosistemas.

INSCRICIÓNS

O percorrido comezará ás 10.00 horas, con tres de duración, e partirá da Vila do Medio. A dificultade é baixa, e o número de prazas son 25.

Os prezos dos roteiros son: cinco euros individual, oito euros parella, doce euros familiar ou grupo de ata cinco membros. Informan na páxina https://enruta.amarinalucense.gal/.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...