InicioM.ambiente e PatrimonioOs cachalotes volven á Mariña 40 anos despois

Os cachalotes volven á Mariña 40 anos despois

Un veciño de San Cibrao avistou "catro ou cinco" exemplares desta especie, cuxa presenza na costa do Cantábrico non se advertía desde 1980, un ano antes da prohibición da súa caza

Publicada o

Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (Cemma) anunciou a través das redes sociais o avistamento de cachalotes ao norte da Mariña de Lugo. Trátase, segundo concretou a veterana ONG galega dedicada aos cetáceos, do primeiro rexistro da presenza destes animais na costa do Cantábrico desde o ano 1980, un ano antes de que se prohibise a caza destes animais.
Foi un veciño de San Cibrao, Fernando Fra Rico, quen documentou o avistamento “de catro ou cinco exemplares” desta especie, todo un “espectáculo” para a Cemma, que celebra neste 2020 o ano do cachalote. Estes animais, os meirandes dos cetáceos dentados, foron obxecto de caza sistemática durante décadas, contando algúns especialistas case 5.700 individuos capturados en Galicia nos últimos 30 anos nos que se permitiu esta actividade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...