InicioM.ambiente e PatrimonioDenuncian posibles danos no Castelo de Penaflor pola apertura de pistas e...

Denuncian posibles danos no Castelo de Penaflor pola apertura de pistas e remocións de terras

Mariña Patrimonio sospeita que os traballos, que poideron alterar o foxo, os muros e o camiño de entrada deste BIC de Riotorto, non contan coas autorizacións da Xunta e do Concello

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Mariña Patrimonio vén de denunciar perante a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia posibles danos no Castelo de Penaflor, situado no lugar de Machín, parroquia de Santa Marta de Meilán, en Riotorto.

A agrupación sinala que na zona norte deste Ben de Interese Cultural (BIC) realizáronse recentemente “remocións de terras con maquinaria pesada para a apertura dunha pista, que chegan ao interior do foxo que defendía o castelo”.

Por outra banda, sinala Mariña Patrimonio, na na zona sur do xacemento abriron tamén unha pista, que sobe ata o mesmo castelo. “Estes movementos de terra pesada chegaron ata os muros, que forman parte deste ben patrimonial protexido, o que puido provocar o derrube dalgúns tramos” da tapia. “Así mesmo, na parcela onde se atopa o Castelo de Penaflor acondicionouse o terreo para a plantación de eucaliptos, unha acción que “puido deixar soterrado parte do antigo e orixinal camiño de entrada” á edificación.

Mariña Patrimonio sospeita que estas actividades, “que probablemente non conten coa preceptiva autorización da Consellería competente en materia de patrimonio, puideron danar e alterar este ben patrimonial, polo que lle solicita á Dirección Xeral de Patrimonio que se adopten as medidas oportunas para que se proceda á restauración das zonas afectadas, así como a  apertura do correspondente expediente sancionador“.

Ademais, o colectivo presentou outra denuncia no Concello de Riotorto por posible infracción urbanística, dado que tanto as remocións de terras como a apertura das pistas previsiblemente non conten coa autorización municipal correspondente.

EDIFICADO ARREDOR DO 1300

O Castelo de Penaflor foi cabeza do coto xurisdicional de Riotorto e vivenda de María de Bolaño no século XVI. A fortaleza puido ser edificada arredor de 1300 e derrubada e reconstruída no século XVI por Alfonso López de Saavedra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...