O BNG pide explicacións sobre a destrución do castro de Mondoñedo, que investigará a Fiscalía

O fiscal de Medio Ambiente abrirá dilixencias para depurar as responsabilidades de Patrimonio

Machado votivo atopado no castro mindoniense. AXM

A deputada do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, presentou unha iniciativa para que a Xunta de Galicia aclare os motivos polos que se permitiu a destrución do Castro do Monte da Trinidade, tamén coñecido como Castro de Flores, situado entre Mondoñedo e Lourenzá.

As asociacións Mariña Patrimonio e Adega denunciaron ante a Fiscalía supostas irregularidades que concluíron na ruína do xacemento, nunha denuncia que adiantou Galicia Confidencial.

Rodil indicou que “a Fiscalía vai abrir dilixencias para investigar as posibles responsabilidades do Servizo de Patrimonio” e avanzou que dende o BNG “pediremos as correspondentes explicacións no ámbito político e pediremos cesamentos das persoas implicadas de confirmarse que son responsables”.

O xacemento de Castro de Flores está catalogado desde 1995. Rodil sinalou que nos anos 2008, 2016 e 2017 presentáronse denuncias pola súa situación.

VALEDORA DO POBO

A deputada nacionalista engade que houbo requerimentos de información por parte da oficina da Valedora do Pobo mais “a pesares de todo isto a Xunta non fixo nada para paralizar a destrución que se fixo pola actividade mineira na zona”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here