InicioM.ambiente e PatrimonioA Pontenova impulsa unha investigación pola falla de salmón e troita no...

A Pontenova impulsa unha investigación pola falla de salmón e troita no río Eo

Un biólogo da USC iniciou este mércores o estudo, que financia o Plan Único con 10.000 euros; agárdanse obter respostas ao declive das especies no prazo dun mes

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde da Pontenova, o socialista Darío Campos Conde, anunciou que este mércores deu comezou no río Eo un estudo pola falla de salmónidos que dirixe o biólogo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Fernando Cobo. Trátase, segundo indica o executivo municipal, dun proxecto que se financia a través do Plan Único da Deputación cun investimento de 10.000 euros, e do que se obterán resultados a finais deste mesmo mes co fin de coñecer as respostas a este declive.

Campos remarcou que esta iniciativa “é un clara aposta do goberno municipal da Pontenova en prol de preservar a nosa fauna e noso medio ambiente, e para coñecer así de xeito pormenorizado e científico que pasa exactamente co río Eo para que ano tras ano as cifras de troitas e salmóns diminúan, o que conlevaría a extinción destas especies, algo que sería letal para a nosa comarca”, advertiu.

O rexedor afirmou que “o río Eo é vital no futuro da nosa vila e entre todos temos que preservalo, mimalo e coidalo, aínda que non sexa unha competencia local. Hai que lembrar que o noso Concello sempre foi un punto de encontro e un referente para os pescadores de toda España. Por iso temos que seguir impulsando propostas e iniciativas que contribúan a mellorar a nosa Comarca e noso medio ambiente”, salientou Conde.

No 1980 capturáronse 1.222 salmóns no Eo, mentres que na presente campaña pescáronse 29. Nos últimos anos tentouse promover a pesca sen morte para tentar garantir a supervivencia das especies.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...