InicioM.ambiente e PatrimonioEspeleólogos estudarán esta fin de semana as furnas mariñas da zona do...

Espeleólogos estudarán esta fin de semana as furnas mariñas da zona do Perdouro

Burela acollerá o sábado e mailo domingo a 53 edición do Campamento Galego de Espeleoloxía

Publicada o

- Advertisement -

Burela acollerá os días 5 e 6 de setembro o LIII Campamento Galego de Espeleoloxía. Nesta edición estudaranse as furnas mariñas da zona do Perdouro.

O concelleiro de Turismo, o socialista Ramiro Fernández Rey, explicou que “imos contar con varios espeleólogos que van a facer un estudio das furnas mariñas que temos na zona do Perdouro. Entendemos que é una boa oportunidade para seguir coñecendo todo este legado e esta zona xeolóxica que tan bos resultados nos está dando en canto a visitas e turistas durante todo o ano”.

Os obxectivos do campamento, con 20 prazas, serán:

  1. Localizar e xeoreferenciar as furnas da zona do Perdouro en Burela.
  2. Topografar a que sexa posible.
  3. Presentar os resultados acadados.

POTENCIAL TURÍSTICO A EXPLOTAR

O edil burelao contou que “o que nos vai facilitar este encontro é estudar un pouquiño todas estas furnas que temos sen estudar. Van entrar nelas e vamos ver o que nos podemos encontrar alí e de qué maneira nun futuro poderemos chegar a explotalas turisticamente”.

Fernández Rey engadiu que “este campamento vai celebrarse durante toda a fin de semana, sábado e domingo, e esperemos que os resultados destas xornadas sexan positivos para Burela, que poidamos encontrar cousas interesantes e que poidamos explotar incluso turisticamente e xeoloxicamente tamén, porque seguro que saen cousiñas moi interesantes. Desde o Concello estamos brindando toda a colaboración posible, estamos poñendo os medios para que poida facerse dunha maneira segura e poidamos aprender de todo o potencial que temos aquí”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...