O xacemento de San Tirso de Portocelo segue a deixar sorpresas. Se no inicio da escavación atopouse unha necrópole medieval con alomenos cinco tombas, urante a segunda semana de escavación, segundo concretou a empresa –CaDo– que se encarga dos traballos, apareceron estruturas de pedra de varios edificios pertencentes ao castro.
As estruturas, expuxeron os arqueólogos, “atopanse en bo estado de conservación e posiblemente teñan unha cronoloxía de época galaicorromana, como os castros de Punta Atalaia (San Cibrao) ou Fazouro (Foz).
Posteriormente, e anulando parcialmente o sistema defensivo do castro asentaríase o mosteiro dúplice do século VIII, coa necrópole asociada.
O SÁBADO, XORNADA DE PORTAS ABERTAS
A semana próxima rematarán as escavacións arqueolóxicas cunha xornada de portas abertas preparada para o sábado 17 de outubro. Debido á situación actual de pandemia, prégase ás persoas que desexen achegarse, que o fagan inscribíndose previamente no consistorio de Xove.