InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG alerta sobre "o estado de abandono" do pazo de Grallal

O BNG alerta sobre “o estado de abandono” do pazo de Grallal

A alcaldesa de Viveiro sinala que os donos "queren vender" o monumento, do século XVI, pero que as arcas municipais non permiten mercalo nin afrontar o seu mantemento

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro critica “o estado de abandono” do pazo de Grallal, ubicado fronte á praia de Covas.

Segundo o grupo municipal nacionalista, o deterioro do monumento está “a medrar a pasos axigantados”, coa caída dalgunhas das súas decoracións.

CONXUNTO

Entre outros ornamentos, o pazo, que data do século XVI con dous andares de máis de 400 metros cadrados e cunha finca que alcanza os 10.800 metros cadrados, conta con escudos e cun busto dos seus promotores no portalón de entrada, que se desprendeu.

BIBLIOTECA

Outro dos tesouros do conxunto é a biblioteca, “da que temos constancia de que se fixo un inventario”, sinalan desde o grupo municipal do BNG, para concluír que “a veciñanza de Viveiro debería saber da súa situación”.

Os nacionalistas lembran que a Xunta de Galicia e o goberno local “inclúen o monumento nas súas rutas turísticas” e instan ás administracións a “poñer os medios necesarios para conservar o edificio”.

PROPIEDADE PRIVADA

A alcaldesa, a socialista María Loureiro, resalta que o pazo é “unha propiedade privada” e que os donos están “interesados en vender”.

COMPRA “INVIABLE”

A rexedora sinala que goberno e propietarios mantiveron conversas, pero entende que a compra do inmoble é por agora “inviable coa situación económica que afronta o municipio e as axudas das que dispoñemos, porque non se trataría só de adquirilo senón de arranxalo e custear o seu mantemento”.

Loureiro argumenta que hai outras prioridades que afectan aos viveirenses de forma máis acusada e resalta que o inmoble non está en perigo nin representa un perigo para a veciñanza, polo que o goberno local ten competencias limitadas “para obrigar aos donos a rehabilitar o edificio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...