InicioM.ambiente e PatrimonioBarreiros porá en marcha un proxecto piloto de compostaxe comunitaria en San...

Barreiros porá en marcha un proxecto piloto de compostaxe comunitaria en San Cosme

A iniciativa consistirá na colocación dun mínimo de oito composteiros mancomunais que darán servizo ás vivendas sociais, ao colexio e á escola infantil

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros anunciou a través dun comunicado que iniciou a licitación para a posta en marcha dun proxecto piloto de compostaxe comunitaria na parroquia de San Cosme. O custo de dito proxecto ascende a 17.398,88 euros máis IVE e consistirá na colocación dun mínimo de oito composteiros mancomunais que darán servizo ás vivendas sociais, ao colexio e á escola infantil.

Ademais da instalación, o proxecto contempla actuacións de concienciación e seguimento do programa, tanto para as persoas que tomen parte no prograna como para outras que puideran ter interese, ao preverse a posibilidade de ampliación de actuacións similares a outras zonas.

Este proxecto lévase a cabo ao abeiro dunha subvención por importe de 20.000 euros concedida pola área de medio rural da Deputación ao consistorio barreirense. Con el preténdese por unha parte concienciar á poboación en xeral da necesidade da producción de residuos e da necesidade de reutilizar aqueles que se xeren. 

“Hai concellos que teñen realizado un gran traballo neste ámbito e lograron reducir notablemente tanto o custo no tratamento de residuos como o impacto ambiental e en Barreiros pretendemos iniciar esa senda para ser un concello sostible a nivel ambiental, xa que a nivel xeral, os biorresiduos supoñen un 50% do lixo xerado”, explican desde o Concello.

“Trátase de implantar un sistema que contribúa a avanzar na implantación da recollida selectiva da materia orgánica (quinto colector) e xerar hábitos que permitan reducir os impropios na recollida actual”, expón o concelleiro de Medio Ambiente, Dámaso Ratoeira.

XORNADAS DE DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN

A previsión é que a posta en funcionamento do proxecto se realice no primeiro trimestre do vindeiro ano, iniciándose con visitas informativas porta a porta a participantes potenciais. Realizaranse tamén xornadas de divulgación e sensibilización xeral para valorar a posibilidade de ampliar o proxecto en futuras actuacións e editarase material explicativo do proceso e caldeiros para o depósito de residuos aos fogares que participen no proxecto. 

O material compostado que se obteña no proceso será posto a disposición gratuíta das persoas participantes ou quen poida precisalo para a súa actividade. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...