Plásticos, alfombras, redes ou nailon, entre os 120 quilos de lixo recollidos en Arealonga

A asociación Adega celebrou en Barreiros a terceira edición da limpeza simultánea de praias

Alfombra recollida en Arealonga. AXM

A asociación ecoloxista Adega, coa colaboración da agrupación Ollomao e de varios voluntarios da Mariña Lucense, recolleu 120 quilogramos de lixo da praia barreirense de ArealongaO Concello de Barreiros colaborou coa achega do material necesario. 

A recollida manual de refugallo no areal, realizada o pasado sábado, enmarcouse na terceira edición da Limpeza Simultánea de Praias

Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que se celebra nalgún areal das tres provincias galegas. O obxectivo da iniciativa é chamar a atención sobre a problemática do lixo mariño, que ten fondas consecuencias.

CALZADO OU ÚTILES DE HIXIENE

Na recollida de lixo de Arealonga, na que participaron as delegacións de Adega na bisbarra e en Lugo, atopáronse plásticos de todo tipoútiles de hixiene -como pauciños para limpar os oídos– ou restos de calzado.

Segundo explica Adega, chamou a atención a presenza no areal dunha enorme maraña de cordas, redes e fíos de nailon, na que se enredou todo tipo de lixo. Os voluntarios tamén atoparon chocante a aparición dunha alfombra, unha porción grande de feltro, similar á bandexa dun automóbil, e ata unha bombona de osíxeno

CONSECUENCIAS

Calcúlase que máis dun millón de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano a causa do lixo mariño, moito do cal procede dunha mala xestión en terra.

Pero o refugallo non só afecta ao medio mariño. Pode ser prexudicial para a saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas que persisten ata entrar na cadea alimentaria.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here