InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG de Viveiro propón potenciar o sendeirismo como alternativa de ocio...

O BNG de Viveiro propón potenciar o sendeirismo como alternativa de ocio e turismo en plena Covid-19

A formación frontista rexistra unha moción para sinalizar e promocionar os roteiros, a fin de poñer en valor o patrimonio do municipio

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro rexistrou para debater no vindeiro pleno unha moción para potenciar o sendeirismo no municipio, coa sinalización e promoción dos roteiros.

“Viveiro conta cun gran patrimonio natural, histórico e arquitectónico que parece estar condenado ao olvido, sen potenciar a súa posta en valor coa consecuente perda social e económica. Patrimonio arquitectónico como, muíños, pontes de pedra, minas, camiños… Así como patrimonio natural no que atopar fragas, ríos, fervenzas, penas, soutos… Patrimonio que na gran maioría conta con camiños de acceso e rutas xa creadas polos e polas amantes do sendeirismo e outros deportes, como correr ou bicicleta. Rutas e camiños que, cunha sinalización axeitada e a súa correcta difusión, axudarían a xerar rutinas e hábitos saudables para a veciñanza como tamén as tan necesarías alternativas de ocio para a nosa xuventude”, expón a concelleira nacionalista, Míriam Bermúdez.

A edil salienta que “só unha pequena parte da veciñanza, que sabe como chegar, pode desfrutar da potente rede de rutas que ten o noso concello”, poñendo como exemplos os roteiros do Monte Castelo, Silvarosa, San Roque ou Penedo do Galo. “Aí temos a Ruta da Auga, iniciativa de Terras de Viveiro, que desde a súa creación permiteu a moita veciñanza coñecer a historia da primeira traída de auga“, subliña a formación frontista, que considera que a promoción dos percorridos “contribuiría de maneira real a desestacionalizar o turismo, nunha época Covid-19, na que é imprescindible potenciar actividades de ocio ao ar libre e sen aglomeracións”.

ESPAZO PROPIO NA WEB OU NOVA PÁXINA PARA ESTE APARTADO

Deste xeito, “solicita crear un apartado na páxina web do cocello -ou nunha nova páxina web- na que se recollan rutas, tanto a pé como en bicicleta, mostrando niveis de dificultade, distancia ou tempo aproximado”.

Tamén que “estas rutas estean dispoñibles nas diferentes plataformas dixitais GPS máis utilizadas na actualidade, tales como Wikiloc ou Google Maps“.

Ademais, “elaborar un folleto no que se recollan as rutas para estar dispoñible na Oficina de Turismo, dependencias municipais”, e “destinar unha parte dos vindeiros orzamentos para o mantemento e sinalización destas rutas, con elementos sustentables e acordes coa contorna”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...