IniciosociedadeO Concello de Burela denuncia depósitos de mobles e enseres "en vías...

O Concello de Burela denuncia depósitos de mobles e enseres “en vías públicas, montes e camiños”

O goberno local constata "graves irregularidades" na xestión do lixo por parte da veciñanza e lembra que as sancións oscilan entre os 603 euros e os dous millóns en función do dano causado

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Burela anunciou este martes que nos últimos meses do ano está a detectar “un comportamento grave e reiterado de depósito incontrolado e ilegal de enseres, mobles e residuos voluminosos domésticos tanto nas vías públicas do municipio, como nos ámbitos máis sensibles desde o punto de vista medio ambiental, como son os montes, os camiños rurais e outras zonas de indubidable valor natural e paisaxístico”.

Así o expuxo o goberno local nun comunicado de prensa no que concreta que se está a facer “un seguimento e control exhaustivo da xestión dos residuos voluminosos -enseres, mobles- por parte da cidadanía, detectándose graves e reiteradas irregularidades“, segundo informan as Concellerías de Obras e Servizos e Medio Ambiente.

Toñi Eijo, concelleira de Medio Ambiente, subliña que “é evidente que este modo de actuar por parte dunha minoría da cidadanía deste Concello, afecta a toda a colectividade porque, ademais de xerar un importante trastorno ao servizo municipal de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza, determina graves molestias derivadas da situación de insalubridade creada e tamén un grave impacto ambiental sobre o noso medio”.

O Concello remarca que “tanto a Policía Local, como o propio Servizo de Medio Ambiente, velarán polo cumprimento da normativa en materia de xestión de residuos e, neste sentido, débese advertir que o Concello de Burela non dubidará en sancionar a todas aquelas persoas que a infrinxan, nomeadamente ás persoas que abandonen, vertan ou eliminen de forma incontrolada calquera tipo de residuo doméstico; feito este último que podería determinar a imposición dunha multa de 603 ata 2.000.000 euros, segundo se poña ou non en perigo grave a saúde das persoas, ou se produza un dano ou deterioración grave do medio ambiente”, salienta.

SERVIZO DE LUNS A VENRES EN HORARIO MATINAL

O concelleiro de Obras e Servizos, Ramiro Fernández, lembra que “a recollida de enseres, mobles e voluminosos domésticos por parte da empresa adxudicataria do servizo municipal –Urbaser, S.A.-, ten lugar de luns a venres, das 8.00 ás 11.15 horas da mañá, debendo as persoas interesadas en recibir dito servizo de forma adecuada e legal requirir á devandita empresa a prestación do mesmo con anterioridade a que estes sexan depositados na vía pública”.

Fernández Rey reitera que “o Concello dispón dun servizo de punto, tanto fixo como móbil, a través do cal se facilita á veciñanza a posibilidade de realizar o depósito separado de certas fraccións de residuos que non poden ser eliminados co resto de residuos domésticos, tales como aceites minerais, aerosois, baterías, pilas, cartuchos de tinta de impresoras ou pinturas.

Os concelleiros concretan que “a veciñanza simplemente ten que chamar ao número de teléfono 626.763.142, para requirir á empresa responsable a prestación de ditos servizos. E será a empresa a que lles facilitará a información necesaria e o modo adecuado de proceder para unha mellor e máis eficiente xestión dos referidos residuos”, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...