InicioM.ambiente e PatrimonioAugas de Galicia retirará a parte non soterrada do emisario de Viveiro...

Augas de Galicia retirará a parte non soterrada do emisario de Viveiro para construír un novo

Costas demanda este requisito para conceder o permiso das obras de saneamento, que o ente hidráulico prevé licitar "en seis meses"

Publicada o

- Advertisement -

A nova directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, mantivo unha xuntanza este martes coa alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, na que informou á rexedora de que a entidade hidráulica iniciou os trámites a fin de retirar “a parte non soterrada do actual emisario submarino” para a execución dun novo.

Segundo explicou Gutiérrez, esta primeira obra é necesaria para “desbloquear a tramitación dos permisos pendentes da Demarcación de Costas do Estado”.

Con esta intervención”, sinala Gutiérrez, “facilitaremos o acordo con Costas do Estado, que require a retirada do emisario existente como condición indispensable para permitir a execución dun novo”.

Ademais da execución dun novo emisario submarino, o proxecto de Augas de Galicia, que “ten reservado un investimento de tres millóns”, inclúe a mellora da rede e conexión á depuradora do núcleo de Celeiro.

Tamén se acometerán intervencións na propia EDAR e un novo depósito, que permitirá xestionar mellor as augas pluviais, evitando “alivios contaminantes á ría”.

Augas de Galicia espera, resolto o escollo con Costas, licitar as obras en 2019. Loureiro sinala que a dirixente de Augas de Galicia prevé completar a licitación do proxecto “nun prazo de seis meses”.

VELLA DEMANDA

A alcaldesa viveirense entende que a reunión, solicitada polo Concello tras anos a demandar “información e prazos concretos de execución” do proxecto, que conta con fondos públicos sen executar desde 2016, trouxo “boas novas”.

PXOM

No tocante ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a xuntanza tamén deixou novidades.

A alcaldesa espera recibir “nunha semana” o informe preceptivo que agardaba de Augas de Galicia, e que condicionaba “poder responder ás alegacións dos veciños ou levar o documento ao pleno”. 

O ente hidráulico transmitiulle á responsable municipal que existen “unha serie de incidencias que deben subsanarse“, que “serán requeridas nos próximos días”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...