A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) anunciou a través das súas contas nas redes sociais a aparición en Tapia de Casariego dunha balea boreal (Balaenoptera borealis) varada viva, que acabou falecendo, segundo a mesma fonte. Trátase dun individuo duns 13 metros de lonxitude, tamaño co cal sería un adulto.
Segundo a CEMMA, “aínda que está presente en distintos momentos do ano dende Azores ao Golfo de Biscaia, e ata foi cazada con certa regulariadade durante o século XX fronte á costa galega, esta é unha especie rara na costa norte de España. O ano pasado houbo tres rexistros, outro exemplar varado preto de Ribadesella e nós tivemos dous avistamentos en Galicia nos nosos embarques no verán”, conclúe a ONG.