InicioM.ambiente e PatrimonioO Camiño de Santiago seduce aos lectores do New York Times

O Camiño de Santiago seduce aos lectores do New York Times

A ruta Xacobea foi elixida como experiencia "para amar" e lugar para visitar no 2021

Publicada o

- Advertisement -

O Camiño de Santiago foi elixido polos lectores do diario The New York Times como un dos “lugares para amar” e visitar en 2021, segundo publicou este xornal tras facer unha sondaxe entre os seus seguidores acerca dos lugares que os deleitaron “, inspirado e consolado” no “escuro” ano 2020.

Entre as máis de 2.000 suxestións remitidas, o diario seleccionou 52 propostas, e unha delas foi a enviada polo escritor Sam Michaux, quen recalcou que a Ruta Xacobea supón unha experiencia que “é máis sobre un mesmo, que sobre buscar un ‘selfie’ (“more about the self than the selfie”).

Segundo relatou este lector, percorreu, xunto ao seu avó de 80 anos, catro rutas do Camiño de Santiago e os seus percorridos “foron oportunidades sen distraccións”. Así, recoñeceu que, aínda que non esperaba gozalo, sorprendeuse “apreciando tanto a meditación forzada como aos compañeiros de viaxe” que coñeceron polo camiño.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...