InicioM.ambiente e PatrimonioMáis de 800 sinaturas contra o proxecto de reforma da Praza de...

Máis de 800 sinaturas contra o proxecto de reforma da Praza de Catedral de Mondoñedo

O colectivo asinante do manifesto 'Así non' solicita "unha reunión urxente" co Concello para "buscar alternativas"

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo asinante do manifesto ‘Así non‘, que cuestiona o proxecto de reforma da praza de Catedral de Mondoñedo, anunciou que recolleu máis de 800 sinaturas a través da rede e solicita unha reunión co Concello mindoniense para propoñer alternativas ao plan.

Os asinantes explican que “tras rexistrar no Concello de Mondoñedo o pasado 8 de xaneiro, en período de alegacións, o mencionado manifesto —feito público o 30 de decembro— e non recibir ningunha resposta”, pediron unha “reunión urxente” cos responsables do goberno local “co ánimo de trasladarlles a nosa inquietude polo alto risco de deterioro irremisible que afecta á fisionomía dun lugar tan emblemático para todos e todas as mindonienses”, dado “o avanzado estado dos trámites do proxecto e a carencia de calquera outro tipo de información sobre o mesmo”.

No citado documento os promotores da iniciativa detallan “unha serie de motivos polos que veciñas e veciños, residentes ou non, do concello de Mondoñedo se opoñen ao proxecto”. O manifesto “solicita do goberno municipal aclaracións sobre a necesidade e oportunidade dunha obra que pode alterar de maneira dificilmente reparable un ben patrimonial sensible, proponse a reconsideración do proxecto desde os inicios e, no hipotético caso de considerarse necesaria a intervención, esíxese que esta sexa sometida inescusablemente ao parecer da cidadanía e que debe contar cos consensos e as máximas garantías democráticas“.

OS IMPULSORES CREN QUE “UNHA MAIORÍA SOCIAL” CONSIDERA “INNECESARIA” A INTERVENCIÓN

“Tras recibir nas plataformas e lugares habilitados a tal fin ata esta data máis de 800 sinaturas de apoio procedentes de Mondoñedo e doutros moitos lugares, e recepcionar numerosas opinións, incluídos as de profesionais de diversos ramos, temos a percepción de que existe unha maioría social que considera que se trata dunha obra prescindible e non urxente en comparación con outras prioridades”, argumenta o colectivo.

Os impulsores do manifesto consideran que a intevención “é innecesaria para resolver os problemas que se alegan na memoria do proxecto como accesibilidade, saneamento, repavimentación, mellora de iluminación e paseo, e para a que con toda probabilidade, segundo técnicos consultados, sexa totalmente insuficiente o orzamento previsto, incluída a partida achegada polo Ministerio de Transportes, co consecuente compromiso dos fondos municipais, algo especialmente preocupante en situacións de crise como a actual”. O presuposto previsto ronda os 260.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...