InicioM.ambiente e PatrimonioXove sinaliza a senda costeira de 18 quilómetros entre Morás e a...

Xove sinaliza a senda costeira de 18 quilómetros entre Morás e a praia de Portonovo

Colocáronse paneis que conteñen información acerca dos diferentes puntos de interese, ademais de códigos QR para descargar a ruta mediante a aplicación Wikiloc

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove vén de sinalizar a Senda Costeira, unha ruta litoral de máis de 18 quilómetros, que comeza na Área Etnográfica de Morás e remata no acceso á praia de Portonovo. A ruta, que transcorre por antigos sendeiros de pescadores de ribeira moi preto do mar, comparte algúns tramos coa Ruta dos Camiños Naturais do Cantábrico. Trátase dun circuíto lineal, podendo ser percorrida nos dous sentidos. Tanto no punto inicial coma no final colocáronse paneis informativos que conteñen información acerca dos diferentes puntos de interese, ademais de códigos QR para descargar a ruta mediante a aplicación Wikiloc a través dos dispositivos móbiles.

Toda a senda está sinalizada; nas partes que comparte co Camiño Natural do Cantábrico, na que transita pola estrada con asfalto (Portocelo, Ceranzos), e nos novos sendeiros que foron habilitados polo Concello de Xove, co permiso dos correspondentes propietarios das fincas polas cales transcorre.

A variedade paisaxística da ruta é moi destacable, pois pasa por grandes acantilados (Cantís de papel), preto de illas (Illa de Sarón, Illa da Cal), por castro prerromanos (Castro do Coto da Vela, Área arqueolóxica de San Tirso), por miradoiros (Miradoiro de Nacente, Miradoiro de Poñente), preto do faro Roncadoiro, ou Roncadoira, praias coma a do Portiño de Morás, a praia de Portocelo, Muiñelo e praia de Esteiro), e as enseadas e coídos (enseada de Sucastro, enseada de Coído e a enseada de Muiñelo).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...