InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta espera abrir a casa-museo de Cunqueiro "a principios de 2019"

A Xunta espera abrir a casa-museo de Cunqueiro “a principios de 2019”

O Goberno galego, que investiu 120.000 euros no proxecto, espera que sexa "un referente do turismo literario"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia espera abrir “a principios de 2019” a casa-museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo.

Durante unha visita aos traballos de musealización do inmoble, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, afirmou que o proxecto está “moi avanzado” e as actuacións “rematarán a final de ano“.

O Goberno galego investiu máis de 120.000 euros na Casa-Museo, a través dun convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Mondoñedo asinado no pasado mes de xullo.

O proxecto inclúe unha parte dotacional, que consta da adquisición de equipos audiovisuais, da instalación do sistema de seguridade e accesibilidade do centro, da produción de contidos gráficos e audiovisuais, así como da moblaxe necesaria para as exposicións.

Por outra banda, o proxecto incluíu a documentación e deseño dos contidos que os asistentes poderán desfrutar no fogar do escritor mindoniense.

Rodríguez asegurou que esta casa-museo “será un novo referente o eido do turismo literario para Galicia“.

Así, potenciarase unha cidade que conta cun dous dos principais polos de atracción dos Camiños do Norte, como son o casco histórico de Mondoñedo e a Praza da Catedral

Participaron tamén na visita a alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua.

CATEDRAL

Rodríguez destacou tamén o investimento da Xunta de Galicia na catedral mindoniense. O Goberno galego realizou “dúas intervencións, neste 2018, cun orzamento próximo ao millón de euros“, resaltou. 

No pasado mes de abril remataron os traballos de restauración da casa dos Cóengos, na que se investiron preto de 280.000 euros.

A segunda actuación, rematada en agosto, centrouse na cuberta da basílica e do claustro, que padecían filtracións de auga.

A Xunta levou a cabo unha rehabilitación que contou cun orzamento de case 650.000 euros.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...