InicioM.ambiente e PatrimonioFoz instala contedores para recoller tapóns, cos que Aspnais recadará fondos para...

Foz instala contedores para recoller tapóns, cos que Aspnais recadará fondos para as familias sen recursos

A iniciativa, explica o edil de Medio Ambiente, Xavier Fanego, combinará un reciclaxe máis eficiente e unha vertente solidaria

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Foz anuncia a instalación de contedores para a recollida de tapóns. Estes elementos de refugallo, segundo concreta o goberno local focego, serán posteriormente xestionados pola Asociación de pais ou tutores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo (Aspnais).

O goberno local continúa así coa promoción da recollida selectiva e a eficiencia na xestión de residuos. Ademais das campañas de compostaxe doméstica realizadas, e do inicio da compostaxe comunitaria, recentemente iniciáronse as de recollida de téxtiles coa instalación de contedores de roupa usada en varios puntos do Concello tanto na vila como nas parroquias e no punto limpo.

“A importancia da separación adecuada e da reciclaxe e evidente neste tipo de material, máis importante canto máis puro, especialmente nos plásticos. Nos residuos do contedor amarelo (plásticos, aluminio ou metais férricos) mestúranse e compáctanse materiais diversos que despois deben ser separados. Isto implica que un tapón no modelo actual de xestión de residuos da Xunta de Galicia poda ser reciclado con menos dun 15% de probabilidade, no restante 85% dos casos rematará no vertedoiro, a incineración ou nunha illa de plástico no Pacífico”, concreta o concelleiro de Medio Ambiente, o nacionalista Francisco Xavier Fanego.

“Ao recoller tapóns de xeito separado como propoñemos, ao resto de residuos, entrégase ao reciclador exclusivamente plástico e por riba casi todolos tapóns son de polietileno de alta densidade (2 – HDPE). Deste xeito, unha mezcla homoxénea do mesmo polímero recíclase para conseguir o mesmo plástico, asegurándonos así que sexa realmente reciclado”, engade.

PROPOSTA DE FOZ PLATAFORMA DE FUTURO

A Concellería de Medio Ambiente apoia deste xeito a proposta de Foz Plataforma de Futuro para a recollida selectiva deste material e promove “un uso solidario, incidindo asemade na importancia da selección axeitada dos residuos para unha mellor xestión dos mesmos. Os puntos de recollida son nas Casas da Cultura e Xuventude, Cenima, edificio social e o consistorio para remisión posterior a Aspnais Lugo”, conclúe Fanego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...