IniciosociedadeViveiro acollerá un proxecto para o desenvolvemento dos sectores agrícola, forestal e...

Viveiro acollerá un proxecto para o desenvolvemento dos sectores agrícola, forestal e turístico

O Concello convida aos produtores a participar en entrevistas, coas que se realizará un estudo para aumentar os criterios de calidade e aplicar certificacións ambientais e de sostibilidade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou a través dun comunicado de prensa que a Fundación COPADE está a realizar un proxecto sobre o desenvolvemento rural no municipio, dada a representatividade do municipio na industria forestal.

A iniciativa, titulada ‘Alianza para la conservación del monte mediante la generación de un mercado responsable‘, realízase en colaboración con Ence, FSC España, Azentúa, Fundación Global Nature e a Unión Sindical Obreira.

No marco deste proxecto, a fundación está a realizar unha diagnose da actividade agrogandeira, forestal e turística no territorio.

“Concretamente, céntranse no traballo de grupos produtores e bens agrogandeiros, forestais e turísticos sostibles potencialmente ofertables. O obxectivo do estudo é aumentar os criterios de calidade e comerciabilidade destes sectores, aplicando certificacións ambientais e de sostibilidade, aumentando o impacto positivo no desenvolvemento social e económico da zona”, concreta o goberno municipal.

Para levar a cabo este diagnóstico, dende a fundación propoñen unha serie de entrevistas con produtores e produtoras destes sectores, así como con comercios que vendan produtos ecolóxicos, de proximidade ou incluso de turismo sostible.

A fundación desprazarase entre o 15 e o 17 de marzo para realizar ditas entrevistas no municipio de Viveiro. Co obxectivo de asegurar un estudo representativo do estado do sector en A Mariña, o Concello anima a todos os produtores residentes na zona a participar nestas entrevistas. Poden facelo a través dun formulario ou no teléfono 914.155.405.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...