InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta compromete 1,4 millóns para os danos do xabaril e o...

A Xunta compromete 1,4 millóns para os danos do xabaril e o lobo nunha reunión cos alcaldes do Xistral

A conselleira de Medio Ambiente avanzou un aumento das axudas para paliar as consecuencias da fauna silvestre nun encontro cos rexedores de Abadín, O Valadouro, Ourol, Muras e Xermade

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprometeu este luns axudas por un importe de 1,4 millóns de euros para paliar os efectos que ocasionan o xabarín e o lobo.

Fíxoo nunha xuntanza cos alcaldes dos municipios do Xistral, que se uniron para reclamar solucións para os problemas que vive a gandería da zona, na que predomina a libre estabulación.

Os rexedores de Abadín, O Valadouro, Ourol, Muras e Xermade espuxeron a situación “desesperada” dos gandeiros, que ven como o número de cabezas de gando cabalar na zona está a minguar polos ataques do cánido.

Ademais, os alcaldes resposabilizan ao xabaril de danos nos cultivos e de ser “portadores da tuberculose que está a afectar ao gando vacún”, segundo expón o alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda.

CONTÍAS

A conselleira afirmou que no 2019 habilitaranse novas liñas de axudas polos danos causados polo xabarín -cunha dotación de 800.000 euros-, polo lobo -cun orzamento de 350.000– e para a prevención dos danos ocasionados pola fauna silvestre -por 300.000 euros-.

AVALIACIÓN DE DANOS

Os alcaldes centraron a súas reivindicacións en tres cuestións. En primeiro lugar, a necesidade dunha elasticidade á hora de avaliar os danos causados polo lobo.

A comunicación ten que ser como moi tarde 24 horas despois do ataque, e ti non vas todos os días visitar o gando ao monte. Ademais, os restos non duran porque hai voitres ou outras especies que poden levar os cadáveres”, explica Maseda.

PECHES E MASTÍNS

Os rexedores tamén incidiron na necesidade de traballar coa Consellería de Medio Rural para incrementar a contía das axudas para a prevención dos ataques, como o levantamento de peches ou a compra de mastíns.

CENSO

Finalmente, os alcaldes do Xistral reiteran a necesidade dun censo de lobos que permita, “con números”, decidir as medidas a tomar.

“DISCRIMINACIÓN POSITIVA”

Os rexedores cren que é necesaria “unha discriminación positiva” para os habitantes que sofren as consecuencias dunha riqueza faunística que ninguén cuestiona.

“Temos que convivir, bestas, lobos e seres humanos. O Xistral é o hábitat de todos”, conclúe Maseda.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...