InicioM.ambiente e PatrimonioO PP pide a cesión do mosteiro de Lourenzá e crear unha...

O PP pide a cesión do mosteiro de Lourenzá e crear unha mesa de traballo para a súa posta en valor

Os conservadores súmanse ás voces críticas coas obras realizadas polo Bispado

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Lourenzá insta a través dunha moción ao goberno local a iniciar os trámites necesarios ante o Bispado para a cesión do Mosteiro de San Salvador ao Concello. Por outra banda, o Partido Popular local demanda a colaboración da Xunta de Galicia de cara ao arranxo da cuberta do inmoble co obxectivo de garantir de forma permanente a súa conservación.

O voceiro popular no municipio, Javier Rodríguez Barrera, defende axilizar os trámites de cara á súa cesión ao Concello para tratar de “conservar e poñer en valor o mosteiro -un referente do barroco en Galicia que foi declarado monumento histórico-artístico en 1974- e, en definitiva, non deixalo caer” porque “as obras de urxencia que se están a executar na súa cuberta debido ao seu deplorable estado de conservación distan moito de ser o ideal para a súa conservación e posta en valor”.

As actuacións foron criticadas pola Asociación Patrimonio Laurentino, que lamentou o “impacto visual” da colocación dunha chapa metálica gris, o que choca co criterio de “mínima intervención” nos Bens de Interese Cultural (BIC) e reivindicou a cesión do inmoble. Tamén o BNG se posicionou contra os traballos realizados, reclamando a revisión dos materiais empregados.

OS CONSERVADORES CREN QUE A MOCIÓN “RECOLLE A VONTADE DA VECIÑANZA”

A iniciativa que defenderán os populares no vindeiro pleno, ademais de instar ao goberno local a iniciar os trámites para a cesión; propón a creación dunha mesa de traballo cos distintos grupos políticos da corporación municipal para debater sobre o uso a darlle ao mosteiro e facer un seguimento das accións que se levarán a cabo no futuro. Instan tamén a negociar coas distintas Administracións posibles usos públicos e ao mesmo tempo a achega do financiamento necesario e, así mesmo, propoñen buscar financiamento da man de fundacións sen ánimo de lucro ou mesmo de entidades privadas.

O popular apela ao consenso dos distintos grupos para sacar adiante esta iniciativa; xa que “recolle a vontade da maioría dos veciños de Lourenzá” tendo en conta, ademais, que “o arranxo do mosteiro é un tema recorrente nos programas electorais dos distintos partidos”, o que indica “o interese de todos pola súa restauración e a búsqueda dun uso público para o mesmo”.

“UN REFERENTE ECONÓMICO E SOCIAL”

O popular defende “actuar agora porque de nada serve lamentarse despois”. Ademais, apela a “un labor no que participemos todos”; xa que “non se trata de colgarse medallas”. De cara á conservación e posta en valor do mosteiro de San Salvador, Rodríguez cre “debería participar o Bispado como propietario; pero tamén o pobo de Lourenzá representado polos distintos grupos políticos da corporación e as distintas asociacións do municipio; así coma empresas privadas e fundacións”.

Rodríguez cre que “o mosteiro ten que volver a ser, como o foi na súa época, un referente importante para Lourenzá tanto económica coma socialmente”. Nesa liña, defende que “ten que servir para xerar emprego relacionado cos seus distintos usos -tanto sociais coma turísticos– e, ao mesmo tempo, consolidarse como un referente cultural”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...