InicioM.ambiente e PatrimonioViveiro actúa de oficio nun edificio do casco en mal estado e...

Viveiro actúa de oficio nun edificio do casco en mal estado e advirte sobre novas ordes de execución

Non foi posible localizar ao propietario do inmoble, situado no 16 de Rosalía de Castro, e o goberno local iniciou a actuación subsidiaria para evitar a caída de pedras e elementos á rúa

Publicada o

O Concello de Viveiro anunciou este mércores a través dun comunicado de prensa que está traballando na actuación subsidiaria do edificio sito na Rúa Rosalía de Castro, número 16, debido a que esta vivenda se atopaba en mal estado e que se tiña incoado expediente de orde de execución, no que non foi posible localizar ao propietario.
“Tras diversos intentos de notificación e seguindo o procedemento establecido, en aras a manter a edificación en condicións de seguridade, salubridade e ornato público, o Concello de Viveiro realizou os trámites necesarios para a realización de oficio das obras consistentes na retirada de galerías na fachada posterior; limpeza de cuberta; colocación de rede en cuberta para evitar a caída de elementos ao vial público; colocación de canlos e baixantes; consolidación de cornixa, debido á caída de pedras, e peche de ocos en fachada mediante taboleiros pintados”, precisa o goberno local, que concreta que “a día de hoxe xa están rematadas as actuacións levadas a cabo para a retirada de todos os elementos da fachada, retirando a andamiaxe colocada para este fin e quedando o patio interior totalmente limpo”.
Nos vindeiros días realizarase a limpeza da cuberta, a colocación de canlos e baixantes, o peche dos ocos de fachada e o arranxo da cornixa.

ACCESO A TRAVÉS DAS VIVENDAS DOS VECIÑOS

Dende o goberno municipal quérese agradecer aos propietarios dos inmobles colindantes “a súa colaboración, permitindo o acceso a esta edificación a través das súas vivendasPor outra banda, quérese lembrar que en decembro de 2020 se ditou un Bando no que se recordaba a todos os propietarios de vivendas no casco histórico de Viveiro da obrigatoriedade de realizar as limpezas de cubertas e canlos; limpeza de vexetacion; eliminación de elementos que poidan ser susceptibles de caída á vía pública; pechado de ocos en fachada sen carpintería por medio de taboleiros pintados en negro mate; eliminación de rótulos, así como publicidade relativa a locais comerciais que actualmente non teñen uso; substitución de canlos e baixantes en mal estado; pintado de fachadas de baixos comerciais; limpeza de plantas baixas de inmobles e eliminación de instalacións de subministro sen uso”, salienta.
No bando referido estableceuse un prazo de un mes para a realización das actuacións referidas, polo que, “tendo en conta o tempo transcorrido e que o continúan existindo dentro do casco numerosas vivendas que presentan deficiencias, por parte do Concello de Viveiro comezaranse a tramitar as correspondentes ordes de execución“.

URXE Á XUNTA A REHABILITAR O INMOBLE SITUADO NO 22 DA RÚA, QUE SE DESTINARÁ A VIVENDAS

“Finalmente, infórmase que dende o Concello de Viveiro xa se contactou verbalmente co Instituto Galego de Vivenda e Solo e que, no caso de non actuar, vaise requirir novamente para que se tramite coa maior celeridade posible a rehabilitación da edificación situada en Rosalía de Castro, 22, un inmoble que pertence ao IGVS e que se vai destinar a vivendas. Este asunto xa fora tratado na reunión que a alcaldesa mantivo co Xefe Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, na que o informou da necesidade de rehabilitar esa edificación”, conclúe o executivo municipal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...