InicioM.ambiente e PatrimonioRibadeo acollerá o venres unha concentración contra o cambio climático

Ribadeo acollerá o venres unha concentración contra o cambio climático

Xuventude polo Clima programa actos por todo o mundo para reclamar que se cumpran os puntos do Acordo de París

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá o vindeiro venres unha concentración ás 12.00 horas no Campo da Igrexa (Praza de España) -ao redor do quiosco da música- para reclamar que se cumpran os compromisos do Acordo de ParísXuventude polo Clima convoca a cita  concentrarase por todo o planeta o 19 de marzo, baixo o lema #NonMáisPromesasBaleiras.

Ao rubricar o Acordo de París, os Gobernos asinantes “obríganse a evitar un cambio
climático perigoso mantendo o quecemento global moi por baixo dos 2°C e esforzándose
para limitalo a 1,5° C. Tamén deben mellorar a capacidade dos países para adaptarse ós
efectos do cambio climático. Pola contra, datos das Nacións Unidas indican que a falta de
ambición e de compromiso real lévannos cara un aumento da temperatura global moi
por riba dos 3 ºC”, expoñen os convocantes.

Durante a xuntanza lerase o manifesto de Xuventude polo Clima sinalando a urxencia da situación actual: “o 2020 foi o ano máis cálido xamais rexistrado”, lembran. “A maiores, afrontamos unha gravísima crise sanitaria, en parte causada pola destrución de ecosistemas naturais e a perda de biodiversidade xunto cun proceso de globalización que non coñece límites. É necesario transitar cara a un modelo que sitúe ás persoas no centro a través de medidas concretas e máis ambiciosas. Estas decisións deben ter carácter urxente”, engaden.

Xuventude polo Clima chama a facer “concentracións responsables, con todas as medidas
anti-Covid-19, mantendo distancias, con mascariña, e traendo cada quen unha pancarta
individual de cartón cunha mensaxe”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...