InicioM.ambiente e PatrimonioO BNG de Mondoñedo pide investigar dez bens rexistrados pola Igrexa ao...

O BNG de Mondoñedo pide investigar dez bens rexistrados pola Igrexa ao abeiro da reforma da Lei Hipotecaria

Os nacionalistas solicitan ao Concello que, de non ser válidos os documentos acreditativos das propiedades, dadas de alta entre 1998 e 2015, "reclame as apropiacións indebidas"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Mondoñedo presentou un rogo no pleno celebrado o pasado venres día 26 de marzo que foi aceptado para que o Concello investigue os títulos acreditativos de propiedade achegados pola Igrexa e, no caso de non seren suficientes nin válidos, reclame as apropiacións indebidas.

Segundo sinala o concelleiro nacionalista, Eloi Cabanas, “durante o goberno popular de José María Aznar levouse a cabo unha reforma da Lei Hipotecaria para permitirlle á Igrexa Católica rexistrar ao seu nome todo tipo de propiedades sen ter que demostrar con ningún tipo de probas a súa titularidade, sendo suficiente tan só unha certificación eclesiástica manifestando a pertenza desde fai tempo. No caso de Mondoñedo rexistráronse un total de 10 bens, cinco de rústica e cinco de urbana, cun título distinto ao da certificación eclesiástica”, concreta.

Cabanas descoñece se a documentación achegada “é válida ou suficiente” para que a Igrexa “poida rexistrar ao seu nome todos estes bens” e por iso pídelle ao goberno municipal “que actúe e investigue estes inmobles rexistrados entre os anos 1998 e 2015 ao amparo da citada Lei”.

“Pensamos que o Concello debe actuar ben para informar ás veciñas e aos veciños que podan estar perxudicados ou para persoarse como parte afectada para reclamar para o patrimonio público todos aqueles bens que a Igrexa Católica rexistrou como propios e que non están relacionados co culto relixioso, sendo de uso público desde fai anos”, engade.

REFORMA DA PRAZA DA CATEDRAL

O Concello de Mondoñedo está a elaborar un informe coa axuda dos técnicos para contestar ás alegacións presentadas durante o proceso de participación pública “Proxecto de Acondicionamento da Praza da Catedral”. Foi a resposta do goberno municipal ao BNG, que preguntou que decisións vai tomar o Concello en relación coas obras de reforma.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...