IniciosociedadeO Concello instala novos paneis informativos no conxunto histórico de Sargadelos e...

O Concello instala novos paneis informativos no conxunto histórico de Sargadelos e na senda botánica

Os novos carteis, en galego, castelán e inglés, identifican cada un dos elementos que compoñen o Conxunto Histórico Artístico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anunciou a través dun comunicado que vén de reforzar a información turística, medioambiental e histórica de Sargadelos coa instalación de diferentes paneis adaptados ao espazo nos que se recolle toda información para descubrir esta contorna do municipio.

O rexedor, o popular Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente Mali Méndez, achegáronse este mediodía ata a zona para ver o resultado dos traballos que consistiron na instalación de novos carteis deseñados pola propia área de Turismo nos que se identifican cada un dos elementos que compoñen o Conxunto Histórico-Artístico -en tres idiomas galego, castelán e inglés-: o edificio das antigas cabalerizas e a antiga nave de fundición, que hoxe albergan o Centro de Emprendemento e Artesanía; o Paseo dos Namorados, os Antigos Fornos, a senda botánica; para que as persoas visitantes poidan situarse na contorna e aproveitar a súa estancia en Sargadelos.

En concreto, instaláronse dous paneis grandes con información histórica e un mapa da zona; ademais de sinalización vertical respectuosa co medio; e unha trintena de paneis que a persoa visitante pode atopar ao percorrer a Senda Botánica do Monte da Escarabelada; un camiño de aproximadamente un quilómetro poboado con especies autóctonas.

Tamén se colocou un cartel informativo sobre o valor ornitolóxico da contorna, instaláronse catro caixas niño no percorrido e procedeuse ao lixado, pulido e vernizado do mobiliario –traballos que terán continuidade nos vindeiros días- para desfrute da veciñanza coa chegada agora do bo tempo e dos días festivos.

Desde a Administración local destacaron tamén o valor didáctico dos traballos que se fixeron e animan a desfrutar de Sargadelos “como un espazo único ao aire libre para gozar en familia e entre amigos sempre seguindo todas as medidas de prevención fronte ao Covid-19 e respectando a contorna”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...