A Coordinadora Ecoloxista d’Asturies instou ao Goberno do Principado a prohibir a extracción de salmóns con morte nesta tempada de pesca ante o declive da poboación de salmónidos no río Eo.
Os ecoloxistas criticaron á Consellería de Medio Rural e Cohesión Territorial “por ceder ás presións dos pescadores” e advertiron que “de non tomar medidas contundentes estas especies corren un risco real de extinción”.
Os ecoloxistas instan ao Goberno asturiano a suspender de forma inmediata as repoboacións destas especies pois, argumentan, non están avaladas cientificamente e é posible que supoñan un problema futuro para a biodiversidade dos ríos da rexión.
A asociación tamén lamentou que o executivo autonómico manteña este ano ass mesmos cotas, con catro salmóns por pescador e tempada, dos que só dous se poderán capturar en zonas libres, e seis exemplares de troita ou reo por pescador e día.