Os ecoloxistas alertan que o salmón corre “risco real de extinción” no Eo

Non queren a pesca con morte do salmón neste río.

Treito salmoneiro do Eo na Pontenova. PESCASALMON.COM (ROMÁN HERRERO)

A Coordinadora Ecoloxista d’Asturies instou ao Goberno do Principado a prohibir a extracción de salmóns con morte nesta tempada de pesca ante o declive da poboación de salmónidos no río Eo.

Os ecoloxistas criticaron á Consellería de Medio Rural e Cohesión Territorial “por ceder ás presións dos pescadores” e advertiron que “de non tomar medidas contundentes estas especies corren un risco real de extinción”.

Os ecoloxistas instan ao Goberno asturiano a suspender de forma inmediata as repoboacións destas especies pois, argumentan, non están avaladas cientificamente e é posible que supoñan un problema futuro para a biodiversidade dos ríos da rexión.

A asociación tamén lamentou que o executivo autonómico manteña este ano ass mesmos cotas, con catro salmóns por pescador e tempada, dos que só dous se poderán capturar en zonas libres, e seis exemplares de troita ou reo por pescador e día.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here