InicioM.ambiente e PatrimonioViveiro renova a súa loita contra a velutina tras cazar o pasado...

Viveiro renova a súa loita contra a velutina tras cazar o pasado ano máis de 7.300 raíñas e zanganeiras

Participará no programa galego de control da vespa velutina e impulsará trampeos profesionais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro continuará loitando contra a vespa velutina e, agora, quizais, con máis intensidade. Por iso, adheriuse ao convenio para a coordinación de actuación no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á avespa asiática (vespa velutina), asinado entre a Xunta de Galicia e a Fegamp, renovando deste xeito a súa adhesión ao protocolo asinado en 2020.

O obxecto deste convenio é establecer o marco para dar continuidade á execución de forma coordinada deste programa no 2021. “O convenio establece os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes, coa finalidade de conter e seguir á Vespa Velutina”, indica o concello nun comunicado. Ademais, lembra que este insecto afecta principalmente á produción apícola e que tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá.

A maiores de asinar a adhesión a este convenio, o Concello de Viveiro contratou coa empresa especializada SERPA o servizo de trampeo profesional e a retirada de niños. A empresa instalará trampas xeolocalizadas cuns atraentes especiais para capturar nos meses primaverais raíñas fundadoras de niños, que tras o seu letargo invernal comezan de novo o seu ciclo.

Este é o terceiro ano que o concello realiza esta acción de trampeo. En 2020 colocáronse un total de 2.157 trampas, dando lugar á captura de 7.335 vespas raíña e zanganeira (os dous tipos de avespas teñen a capacidade de iniciar niños pois hibernan xuntas).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...