InicioM.ambiente e PatrimonioCervo busca a mellor fotografía sobre medio ambiente de Galicia

Cervo busca a mellor fotografía sobre medio ambiente de Galicia

Convoca o seu XI concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de convocar o XI concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2021” para os amantes da fotografía de natureza.

Tal e como explica a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, en nota de prensa, o obxectivo é “concienciar no respecto ambiental”. Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar de Galicia. “Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”, indica.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com.O prazo para presentar as imaxes remata o 21 de maio ás 23:59 horas.

Hai tres premios establecidos. Un primeiro, un segundo, e o premio “Top Cervo” á mellor fotografía na que se identifique claramente unha paraxe deste Concello; dotados todos eles con figuras de Cerámica de Sargadelos.

Méndez anima a todos os amantes da fotografía e da natureza a “que participen e nos fagan chegar as súas instantáneas,

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...