InicioM.ambiente e PatrimonioO Parlamento recoñece a importancia turística e económica do Camiño do Mar

O Parlamento recoñece a importancia turística e económica do Camiño do Mar

A proposición non de lei foi presentada polo PSdeG.

Publicada o

- Advertisement -

O Parlamento galego pediu por unanimidade o recoñecemento oficial do Camiño do Mar como ruta xacobea, a través dunha proposición non de lei do PSOE que transaccionou cunha emenda do PP na comisión de turismo.

En concreto, a iniciativa insta á Xunta a recoñecer “o carácter oficial da ruta xacobea coñecida como Camiño do Mar”, que discorre polas vilas lucenses de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo e prosegue pola provincia da Coruña.

En concreto, na provincia coruñesa, o camiño segue por Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño e Narón ata a localidade de Neda. A Cámara pide incluír a este camiño “en todas as accións de promoción turística, divulgación e reactivación económicaligadas á celebración do ano Xacobeo 2021-2022”.

AXENCIAS

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...