A realeza española xa ten zocas feitas na Mariña

Conseguiullas facer chegar o zoqueiro Alberto Geada, de Alfoz, á raíña Sofía.

A raíña sofía amosa as zocas do zoqueiro Alberto Geada para a princesa Leonor / EFE

A raíña emérita Sofía xa pode presumir de zocas artesanais feitos na Mariña. Unhas zocas que van destinadas a unha das súas netas e actual princesa de España. O zoqueiro Alberto Geada, de Alfoz, soubo aproveitar a súa visita este mércores á Coruña para agasallar á monarca española cunha das pezas que mellor sabe facer; as zocas.
Geada tivo a oportunidade de poder entregarlle á raíña Sofía as zocas feitas a man e dirixidas para a princesa Leonor. Tal e como contou nos micrófonos da Cope, a entrega realizouna grazas a un cámara da TVG que lle fixo de recadeiro ante a imposibilidade do mozo zoqueiro de aproximarse á raíña.
“O que pasou é espectacular porque a raíña di que coñeceu un dos últimos galocheiros da zona de Oscos, de Grandas de Salime, nunha visita que veu co rei, Juan Carlos, e eu creo que lle lembra unha época”, dixo Alberto Geada.
O zoqueiro participa agora nun proxecto do Xacobeo que este xoves o levou a un roteiro por Portomarín e unhas actividades nun colexio. Tamén pensa volver á feira internacional de turismo, Fitur, encarnando a súa personaxe do ” zoqueiro peregrino” e ten en mente unha rechamante presentación dunhas zocas-homenaxe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here