InicioM.ambiente e PatrimonioÉxito das rutas da Deputación para visitar San Martiño de Mondoñedo no...

Éxito das rutas da Deputación para visitar San Martiño de Mondoñedo no Día da Transrománica

Cubertas en tempo récord as 112 prazas dos 14 itinerarios ofrecidos pola institución provincial.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo esgotou nun tempo récord de cinco días as 112 prazas das 14 rutas que programou para conmemorar o Día da Transrománica, este vindeiro domingo, 9 de maio, entre elas, unha visita á basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz.

As persoas interesadas en participar nalgunha das propostas, unicamente poden acceder ás prazas de reserva restantes. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou o éxito da iniciativa coa que se busca, dixo, “poñer en valor entre apropia veciñanza o patrimonio da provincia e favorecer o turismo de proximidade, algo especialmente importante e necesario para facer fronte ó impacto da pandemia”.

As persoas que teñen reservada a súa praza poderán coñecer a Catedral e casco histórico de Lugo; a Igrexa de Santa María de Pesqueiras e Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada; a Igrexa de San Xoán da Cova, en Carballedo, ou San Paio de Diamondi, no Saviñao, entre outros. Ademais, inclúese unha visita á igrexa de Santa María, en Meira, e á Basílica de San Martiño de Mondoñedo, en Foz.

Estas 14 propostas realízanse en consonancia cos restantes membros da asociación Ruta Transrománica alcanzando os recursos patrimoniais unha proxección internacional. Así mesmo, durante a xornada, García Porto participará nun audiovisual no que se darán a coñecer todos os membros da Ruta Transrománica gravado ante a igrexa de San Xoán ou San Nicolás de Portomarín, e no que invitou a visitar as 10 igrexas incluídas na Ruta Transrománica da provincia de Lugo cando a situación sanitaria mellore.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...