InicioM.ambiente e PatrimonioO Consello da Cultura acusa a Asturias de introducir unha "anomalía onde...

O Consello da Cultura acusa a Asturias de introducir unha “anomalía onde non a había” co topónimo Ría de Ribadeo

Un informe deste organismo sae en defensa do topónimo Ría de Ribadeo: "está avalada por cartografía históricas ao longo dos séculos"

Publicada o

- Advertisement -

A denominación Ría de Ribadeo é a forma que está avalada desde o punto de vista histórico segundo a documentación e cartografía histórica recompilada polo Consello da Cultura Galega (CCG) nun informe que apoia o mantemento do topónimo como está na actualidade.

“Ría de Ribadeo é a forma que avalan a documentación e a cartografía históricas ao longo dos séculos”. Así o sentencia o CCG nas conclusións do informe, encargado pola Xunta tras a solicitude formulada polo Goberno do Principado de Asturias ante o Executivo central para o cambio do nome oficial a Ría do Eo.

Neste sentido, tras apuntar que a toponomia tradicional forma parte do patrimonio cultural inmaterial e, por tanto, debe ser protexida; o CCG sinala a existencia de informes previos que apuntan o emprego da denominación Ría de Ribadeo en mapas e cartas náuticas ao longo dos séculos por parte de autores de distintos países.

Un uso que, continúa o CCG, mesmo figura nos mapas e cartas de navegación de organismos oficiais, algo que, sumado ao anterior, reflicte que o topónimo “excede con moito o uso local e invalida o argumento de que poida tratarse dunha tradición exclusiva da beira occidental”.

Por tanto, sentencia que a proposta do Goberno asturiano de cambiar o nome da ría é “unha acción de política lingüística que ten como efecto colateral introducir unha anomalía denominativa onde non a había” posto que a denominación Ría do Eo “non se produciu historicamente de forma espontánea”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...