InicioM.ambiente e PatrimonioSabes cal é o concello da Mariña que máis recicla?

Sabes cal é o concello da Mariña que máis recicla?

Cervo é un modelo de reciclaxe en toda Galicia con 11 quilos máis de envases lixeiros recollidos que a media galega en 2020.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo é un concello modélico en reciclaxe e é un referente, tamén en recollida selectiva, non xa só da Mariña, senón de Galicia. Así o reflicten os datos de Ecoembes que sinalan que, desde o ano 2016, Cervo acumula un 50,5% de incremento na recollida selectiva de envases lixeiros; pasando de 71.640 a 107.880 quilos en 5 anos. Unha melloría que continuou entre o 2019 e o 2020, cando o aumento foi do 24,2%.

En 2020 a achega media de cada veciño foi de 25,5 quilos de envases lixeiros, 11 quilos máis que a media galega neste mesmo período. E se se ten en conta a comparativa interanual, os cervenses depositaron de media 5 quilos máis neste último ano con respecto ao anterior.

Destaca, especialmente, a recollida selectiva de papel e cartón, pasando de 13,7 quilos por habitante ao ano no 2016 a 16,2 no 2020. Por iso, e ante estes datos, o rexedor de Cervo, Alfonso Villares, destaca que “sitúan ao concello como un referente, grazas ao esforzo de todos os cervenses”.

Así mesmo, Villares tamén puxo en valor a eficiencia e calidade dun servizo 100% municipal. A día de hoxe o Concello de Cervo conta con 545 colectores verdes -de materia orgánica e fracción resto-, 179 amarelos -envases, latas ou briks-, 44 azuis -papel e cartón-, 12 vermellos -aceite-, 45 de vidro, dous de roupa e unha decena de colectores negros destinados a pódaa que foron instalados nos últimos meses en lugares estratéxicos de cada parroquia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...