InicioM.ambiente e PatrimonioCase 900.000 euros para facer máis "ecolóxico e eficiente" o IES María...

Case 900.000 euros para facer máis “ecolóxico e eficiente” o IES María Sarmiento de Viveiro

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que a intervención mellorará a eficiencia enerxética e o confort do centro. Tamén prevé reordenar os espazos do ático para crear unha aula máis ampla, segundo as directrices do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica Galega

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de licitar as obras de rehabilitación integral do Instituto de Educación Secundaria (IES) María Sarmiento de Viveiro, que contan cun orzamento de 842.800 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro para explicar os detalles da intervención á comunidade educativa. Destacou que o proxecto está enmarcado no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica Galega, que adopta unha nova perspectiva para “habilitar centros idóneos para a aprendizaxe e para a convivencia, aliados da saúde das persoas, apostando polos espazos amplos e por instalacións menos contaminantes”.

Ao respecto, sinalou que boa parte do investimento neste instituto está orientado a medidas de eficiencia enerxética, que conseguirán un aforro do consumo e das emisións contaminantes á atmosfera. “Os criterios medioambientais gañan peso e considerarase unha condición especial de execución da obra a compra de cando menos un 10% dos materias e subministros necesarios en establecementos de proximidade, realizada nun radio inferior a 200 Km”, apunta a Xunta nun comunicado.

No que respecta ás reformas interiores, na planta do ático vanse reunificar os espazos para crear unha aula de maior dimensión e un pequeno almacén. Cambiaranse os falsos teitos por paneis rexistrables con illamento acústico de lá de roca nas aulas, e continuo de xeso en corredores e baños; mellorarase a ventilación na planta semisoto, e pintaranse estancias, portas e radiadores. O prazo de execución das obras será de cinco meses, e as empresas interesadas en optar ao contrato teñen de prazo ata o día 28 de maio para presentar as súas ofertas.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...