- Advertisement -
O Concello de Foz retirou dous valos publicitarios de grandes dimensións situados na entrada da vila, en Vilaxoane, que non estaban regulados.
O goberno municipal explica nun comunicado que “foi unha actuación contra o feísmo e desde o Concello imos seguir traballando nesta liña para embelecer outros lugares do municipio nos que tamén hai danos á paisaxe que é necesario corrixir”.
